Zeltia Irevire é un trío que foi medrando ao vivo progresivamente dende a escena máis local ata a máis festivaleira. Conformado por artistas con diferentes estilos de folk xúntanse para facer música electroacústica cunha profunda mensaxe para o seu público. O Folk Tribal é como chaman ao seu estilo propio que comezou a ter forma a comezos do ano 2019 en Santiago de Compostela, a súa música orgánica entra dentro das Músicas do Mundo.
Zeltia Acuña: voz e guitarras.
Migui Carballido: bodhran e percusións.
Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixos.
Publicando o seu primeiro disco LP “Vacaloura” en Outubro de 2023.
Neste álbum, recompila a maioría das composicións que soan dende hai anos nos seus concertos e que emocionaron tanto ao seu público. Un disco no que o preside o espíritu do bosque e o vento nordés.
Conta coa colaboración de diferentes artistas de Galicia e do ámbito internacional, como:
Luz Fandiño, poeta referente en Galicia, Laura Lamontagne, Ginés Guerra, Bruno Pierucci ou Leo Genovesse,
gañador do premio Grammy ao mellor solo jazzístico instrumental en 2023.